Monday 29 de April de 2024

Aberto o prazo de inscrición para as actividades das Casas da mocidade de agosto


Está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros, ofertado polas Casas da mocidade no mes de agosto. Están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

As actividades ofertadas son: obradoiro de graffiti, cociña sobre xeados, campionato de simuladores PS4, actividade medioambiental sobre recollida de lixo e continuará o programa radiofónico xuvenil, a Mociradio.

Os centros da mocidade son espazos municipais que ofrecen un ocio saudable, inclusivo e responsable para a xuventude. Ademais de organizar actividades, as casas tamén compren a función de Punto de Información Xuvenil.

Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com. Tamén se pode atopar mais información das casas na súa paxina web: https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/.